Lübeck
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Cidade Hanseática de Lübeck[1][2][3][4] (Hansestadt Lübeck en alemán), é a segunda cidade en poboación do estado federado de Schleswig-Holstein, no norte de Alemaña, despois de Kiel, a capital do Land (213 983 habitantes en 2005).[5]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Schleswig-Holstein | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Buntekuh Centro histórico de Lübeck (pt) Kücknitz Lübeck-Schlutup (en) Lübeck-St. Gertrud (en) Lübeck-St. Lorenz Nord (en) Lübeck-St. Lorenz Süd (en) Moisling (en) St. Jürgen (en) Travemünde | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 218.095 (2022) (1.018,14 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 214,21 km² | ||||
Bañado por | Baía de Lübeck (pt) , Trave, Elbe–Lübeck Canal (en) e Wakenitz | ||||
Altitude | 13 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Jan Lindenau (pt) (2018–) | ||||
Membro de | Wendish cities (en) Städteverband Schleswig-Holstein (pt) Mayors for Peace (en) (1987–) Aliança Climática (pt) (1993–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 23552–23570 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 4502, 4508 e 451 | ||||
Código NUTS | DEF03 | ||||
Número de municipio alemán | 01003000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | luebeck.de |
Está situada ás beiras do río Trave, é o maior porto alemán do mar Báltico. Lübeck é unha cidade independente (Kreisfreie Städte) ou distrito urbano (Stadtkreis), é dicir, posúe estatuto de distrito (kreis).
O territorio onde se asenta estivo ocupado desde prehistoria. A cidade foi fundada en 1158 por Henrique, o León, duque de Saxonia. Durante varios séculos foi a "capital" da Liga Hanseática (coñecíase pola Raíña da Hansa) e actualmente os seus habitantes recoñecen á súa cidade das Sete Torres como a "Porta do Norte de Europa".
A parte antiga da cidade é unha pequena illa rodeada polos ríos Trave e Wakenitz. O casco antigo forma parte do Patrimonio da Humanidade da Unesco desde o ano 1987. Nel destacan as construcións en estilo gótico báltico de ladrillo.
Hamburgo encóntrase a uns 65 km ao suroeste de Lübeck, e Kiel, a capital do estado, a 78 km ao noroeste. A autoestrada Autobahn 1 conecta Lübeck con Hamburgo e Dinamarca. O distrito de Travemünde é un porto e lugar turístico na costa do mar Báltico.