Lalín
concello da comarca de Deza, na provincia de Pontevedra / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca de Deza. O municipio tiña unha poboación de 22.453 habitantes (2024),[1] repartida entre o núcleo urbano, onde viven algo máis de 10.000 persoas, e as 47 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e o noveno concello máis poboado da provincia, despois da Estrada. O concello posúe unha densidade de poboación de 61,83 hab./km² e unha superficie de 326,8 km², o que o converte no concello máis grande de Pontevedra e o cuarto de Galicia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital de | |||||
Capital | Lalín | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 22.453 (2024) (68,7 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 326,83 km² | ||||
Altitude | 541 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Xosé Crespo Iglesias (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Lalín | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36500 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36024 | ||||
Páxina web | lalin.gal |
O concello atópase no nordeste da provincia de Pontevedra. Limita cos concellos de Silleda e Vila de Cruces polo noroeste, con Forcarei polo oeste, con Agolada e Rodeiro polo nordeste, con Dozón polo suroeste e co Irixo polo sur. Todos eles pertencen á comarca do Deza agás O Irixo, concello da provincia de Ourense.