Liga de Campións da UEFA 2007-08
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Liga de Campións da UEFA 2007-08 foi a 53ª edición da máxima competición europea de fútbol a nivel de clubs. Disputouse entre xullo de 2007 e maio de 2008, coa participación inicial de 76 equipos, representantes de 52 federacións nacionais.
Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Tipo | Liga de Campións da UEFA |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | UEFA |
Número de participantes | 32 |
Localización e Datas | |
Período de tempo | tempada 2007-2008 |
Intervalo de tempo | 17 de xullo de 2007 – 21 de maio de 2008 |
Número de edición | 53 |
Competición | |
Primeiro posto | Manchester United F.C. (3º) |
Datos estatísticos | |
Partidos | 125 |
Goles | 330 |
Gol | Cristiano Ronaldo↔ Manchester United F.C. (8) |
Número de espectadores | 5.380.947 |
Outro | |
Páxina web oficial | uefa.com… |
Pechar
A fase final da competición deu inicio en setembro de 2007, con 32 equipos competindo polo trofeo que defendía o AC Milán, trala súa vitoria na edición 2006-07. O campión final do torneo foi Manchester United, despois de derrotar ao Chelsea FC nos penaltis, na primeira final totalmente inglesa, que se disputou o 21 de maio no Estadio Luzhniki de Moscova. Para o equipo da cidade de Manchester supuxo a súa terceira conquista da máxima competición europea.