Ligat ha'Al
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Ligat ha'Al ou Ligat HaAl (en hebreo: ליגת העל, en galego: Super Liga) é a máxima categoría do baloncesto de Israel. Actualmente é coñecida por motivos de patrocinio como Ligat Winner Sal (en hebreo: ליגת ווינר סל), sendo "Winner" o nome dun xogo ofertado pola compañía de apostas Sports Betting Board.[1] Ás veces tamén se coñece ao campionato como a Israeli Premier League, á veces abreviado BSL (Basketball Super League) ou ISBL (Israeli Basketball Super League). A competición está organizada pola Israeli Basketball Super League Administration Ltd.
Datos rápidos Fundación, País ...
Ligat Winner Sal | |
---|---|
Fundación | 1953 |
País | Israel |
Confederación | FIBA Europa |
Comisionado | Shmuel Frenkel |
Equipos | 12 |
Copa | Copa de Israel |
Descenso | Liga Leumit |
Actual campión | Maccabi Tel Aviv (56º título) |
Máis laureado | Maccabi Tel Aviv (56 títulos) |
Televisión | Sport 5 |
Sitio web | basket.co.il |
Pechar
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |