Lightyear (filme)
filme de 2022 dirixido por Angus MacLane / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lightyear é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Angus MacLane. É un filme de animación, aventuras, ciencia ficción e acción producido por Walt Disney Pictures e Pixar Animation Studios, e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. O filme é un spin-off da franquía Toy Story, e é o quinto título da serie de filmes. Céntrase no personaxe de Buzz Lightyear, aínda que no canto de seguir o elenco de personaxes de xoguete da franquía principal, o filme preséntase como parte dunha franquía dentro dos filmes de Toy Story, nos que Lightyear é un personaxe. Foi co-escrito e dirixido por Angus MacLane, foi producido por Galyn Susman, e está protagonizado por Chris Evans como a voz do personaxe principal, xunto con Keke Palmer, Peter Sohn, Taika Waititi, Dale Soules, James Brolin e Uzo Aduba nos personaxes secundarios.
Lightyear | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lightyear |
Director | Angus MacLane |
Produtor | Galyn Susman |
Guión |
|
Baseado en | Historia de
|
Intérpretes |
|
Música | Michael Giacchino |
Fotografía |
|
Montaxe | Anthony J. Greenberg |
Estudio | |
Distribuidora | Walt Disney Studios Motion Pictures |
Estrea | El Capitan Theatre: 8 de xuño de 2022 17 de xuño de 2022 |
Duración | 105 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación, aventuras |
Orzamento | 200 millóns de dólares |
Recadación | 226,1 millóns de dólares |
Na rede | |
https://movies.disney.com/lightyear | |
|