Ligue Nationale de Basket
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Ligue Nationale de Basket (do francés Liga Nacional de Baloncesto) é a organización deportiva que goberna o baloncesto profesional masculino en Francia. O primeiro campionato entre clubs franceses tivo lugar en 1921; dende aquela celebrouse anualmente coa única excepción dos anos 1940 e 1941, a causa da segunda guerra mundial. O campionato recibiu ao longo da historia tres denominacións: entre 1921 e 1949 denominouse "Excellence", entre 1950 e 1993 "Nationale 1", e dende 1994 "Pro A". Actualmente a Liga, organizada pola LNB (Ligue nationale de basket-ball), está organizada en dúas categorías: a primeira división, Pro A, e a segunda, Pro B.
Datos rápidos Fundación, Rexión ...
Ligue Nationale de Basketball | |
---|---|
Fundación | 1987 |
Rexión | Francia Mónaco |
Confederación | FIBA Europa |
Equipos | 18 (Pro A) 18 (Pro B) |
Actual campión | ASVEL Basket (21º título) |
Máis laureado | ASVEL Basket (21 títulos) |
Televisión | Eurosport |
Sitio web | www.lnb.fr |
Pechar
- Para o artigo sobre a primeira división do baloncesto francés, véxase: LNB Pro A.