Lingua pataxó
lingua extinta falada polo pobo pataxó / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua pataxó (patashó), ou pataxó hã-ha-hãe (pataxó-hãhaãi), é unha lingua extinta falada outrora polo pobo pataxó que habita no Brasil. Falábase na rexión de Baía, en Minas Gerais, Pôsto Paraguassu no concello de Itabuna. Existe pouca información sobre ela pero é probable que pertencese á familia lingüística maxakalí. Os membros do pobo pataxó no presente falan o portugués, mais conservaron algunhas verbas pataxó, así como préstamos doutras linguas indíxenas veciñas.