Lista de Áreas Estatísticas Metropolitanas
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Oficina de Administración e Orzamento (no acrónimo derivado do inglés, OMB) definiu 381 áreas estatísticas metropolitanas (co acrónimo MSA) para os Estados Unidos de América e 7 para Porto Rico[1]. A OMB define á Área Estatística Metropolitana como un ou máis condados ou equivalentes a condados adxacentes entre si que teñan unha área central urbana de cando menos 50.000 habitantes, máis un territorio adxacente que teña un alto grao de integración social e económica co núcleo principal medido en base aos lazos derivados das súas comunicacións.
- Para ter unha lista de todas as áreas metropolitanas dos Estados Unidos independentemente do seu tamaño véxase Lista de áreas estatísticas primarias dos Estados Unidos, posto que este artigo inclúe só aquelas áreas estatísticas que contan cunha área central urbana con máis de 50.000 habitantes
- Artigo principal: Área estatística metropolitana.