Máquina de escribir
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha máquina de escribir é un equipamento mecánico, electromecánico ou electrónico equipado con teclas que, cando accionadas, moven tipos, que imprimen letras, números e símbolos no papel, facilitando e dando maior axilidade ao proceso de escrita. As primeiras máquinas de escribir producidas, manuais con accionamento mecánico das teclas introducíronse en 1874,[1] aínda que non se fixeron de uso común nos despachos ata mediados da década de 1880.[2] Posteriormente, xurdiron as electromecánicas, con base de funcionamento mecánico, auxiliado por un motor eléctrico para diminuír o esforzo e dar maior axilidade na escrita. Finalmente, xurdiron as electrónicas, con accionamento dos tipos en margaridas ou esferas, capaces de alcanzar mellor velocidade e calidade de impresión, alén da posibilidade de corrección dos erros, con fitas correctivas.
Os últimos modelos para despachos posuían memoria interna e pequenos monitores, cunha forma próxima aos primeiros computadores persoais.