MacBook Pro
From Wikipedia, the free encyclopedia
MacBook Pro é unha liña de computadoras portátiles de alto rendemento de Apple Inc., orientado ós usuarios profesionais. É o sucesor do modelo PowerBook G4. É a primeira liña de produtos da empresa en incluír procesadores Intel, e foi presentada na feira tecnolóxica MacWorld o día 10 de xaneiro de 2006.
MacBook Pro | |
---|---|
Información xeral | |
Fabricante | Apple Inc. |
Familia | MacBook |
Tipo | Computadora portátil |
Información comercial | |
Data de lanzamento | 10 de xaneiro de 2006 (orixinal) |
Información técnica | |
Sistema operativo | macOS |
Antecesor | PowerBook G4 |
Do novo MacBook Pro, é 4 veces máis rápido que o último PowerBook G4, leva dentro un microprocesador Intel Core 2 Duo de ata 2,6 GHz. Además, incorpora unha videocámara iSight e a aplicación de contidos dixitais Front Row, orixinalmente introducidos para o modelo iMac.
Incorpora tamén as últimas actualizacións do PowerBook G4, como un teclado retroiluminado, sensor de iluminación para axustar automaticamente o brillo da pantalla e o teclado, a pantalla de resolución XVGA (VGA Extra) e ademais ten novas funcións como o MagSafe, que magneticamente desconecta o cable de electricidade cando este é arrincado ou separado, evitando que se poida caer o MacBook Pro. Todos os Macbook Pro inclúen sensores de movemento que permiten deter o disco duro en caso de caída, evitando así unha perda de datos.