Margarida I de Dinamarca
From Wikipedia, the free encyclopedia
Margarida Valdemarsdotter, nada en Søborg (actual Dinamarca) en 1353 e finada en Flensburgo (Holstein) en 1412, foi raíña de Dinamarca e Noruega (entre 1387 e 1412), e de Suecia (de 1389 a 1412). Fundadora do pacto de unión coñecido como a Unión de Kalmar, foi o primeiro monarca que gobernou os tres reinos nórdicos (incluíndo Groenlandia, Islandia, as Illas Feroe e as Orcadas, entón pertencentes a Noruega, e Finlandia, que formaba parte de Suecia). É unha das figuras máis destacadas de toda a historia dos países nórdicos.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
En 1363 casou co rei Haakon VI Magnusson de Noruega e Suecia, dando a luz a Olav (1370-1387), rei de Dinamarca de 1376 a 1387 e rei de Noruega de 1380 a 1387.