Marina Garcés Mascareñas
filósofa e ensaísta catalá / From Wikipedia, the free encyclopedia
Marina Garcés Mascareñas, nada en Barcelona o 30 de maio de 1973, é unha filósofa e ensaísta catalá. É profesora adxunta da materia Pensamento filosófico e científico contemporáneo na Universidade Aberta de Cataluña. Foi profesora titular de Filosofía na Universidade de Zaragoza durante quince anos. Tamén foi profesora noutras universidades como a Universidade Pompeu Fabra ou a Universidade de Xirona, a través de varios mestrados.[1] Impulsou o proxecto colectivo Espai en Blanc de pensamento crítico e experimental.[2][3] Un dos conceptos centrais do seu pensamento é o común na forma de desenvolver alternativas para afrontar as crises actuais. Defende a filosofía como forma de vida, unha arte que nace na rúa e continúa ininterrompida no espazo íntimo e invisible.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1973 (51 anos) Barcelona, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Barcelona - filosofía (–2001) Universidade de Barcelona - filosofía (–1996) |
Actividade | |
Ocupación | filósofa , principal investigator (en) , profesora , escritora , profesora universitaria |
Empregador | Universidade Aberta de Cataluña MACBA Museo de Arte Contemporánea de Barcelona Universidade de Zaragoza |
Membro de | |
Xénero artístico | Ensaio |
Influencias | |
Lingua | Lingua castelá, lingua catalá, lingua inglesa, lingua alemá e lingua italiana |
Familia | |
Pai | Jordi Garcés (pt) |
Premios
| |
Páxina web | marinagarces.com |