Madīnat al-Zahrā
From Wikipedia, the free encyclopedia
Madīnat al-Zahrā (en árabe مدينة الزهراء, "A cidade de Zahra"), tamén coñecida como Medina Azahara, foi unha cidade palatina ou áulica mandada edificar por Abderramán III (Abd al-Rahman III, al-Nasir) na periferia de Córdoba, a uns 8 km cara ao oeste.
Datos rápidos Medina Azahara, Patrimonio da Humanidade - UNESCO ...
Medina Azahara | |
---|---|
Salón de recepción de Abd al-Rahman III | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Localización | 37°53′9.6″N 4°52′3.2″O |
Tipo | Cultural |
Criterios | III, IV |
Inscrición | 2018 (42ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 1560 |
Pechar
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Os principais motivos da súa construción foron de índole político-ideolóxica: a dignidade de califa esixía a fundación dunha nova cidade, símbolo do seu poder, a imitación doutros califatos orientais, e sobre todo para mostrar a súa superioridade sobre os seus grandes inimigos, os fatimís de Ifriqiya, a zona norte do continente africano. Non só eran opoñentes políticos, senón tamén relixiosos, pois os fatimís, xiítas, eran inimigos dos omeias, maioritariamente da rama islámica suní.