Memoria USB
dispositivo para gardar información / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha memoria USB, tamén chamada chaveiro USB, lapis de memoria ou pen drive pola súa forma habitual (USB flash drive e pen drive respectivamente en inglés) é un pequeno dispositivo de almacenamento que utiliza a memoria flash para gardar a información sen necesidade de pilas. Os pen drive son resistentes aos pequenos golpes e ao po que afectan a outras formas previas de almacenamento portable, como os CDs e os disquetes.
Os sistemas operativos máis modernos poden ler e escribir nos pen drive sen necesidade de controladores especiais. Nos equipos antigos (como por exemplo os equipados con Windows 98) necesitase instalar un controlador para o dispositivo.