Minnesota Timberwolves
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Minnesota Timberwolves son un equipo profesional de baloncesto estadounidense coa súa sede en Minneapolis, Minnesota. Xogan na División Noroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Fundado en 1989, o propietario actual do equipo é Glen Taylor. Os Timberwolves xogaban os seus partidos coma locais no Metrodome, antes de pasar a xogar no Target Center en 1990.
Minnesota Timberwolves | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Noroeste |
Fundación | 1989 |
Cores | Azul, verde |
Retirados | 1 (2) |
Localización | |
Cidade | Minneapolis, Minnesota |
Pavillón | Target Center |
Capacidade | 19.356 espectadores |
Inauguración | 13 de outubro de 1990 |
Persoal | |
Propietario(s) | Glen Taylor |
Director | Sachin Gupta |
Adestrador | Chris Finch |
Títulos | |
Campión | 0 |
Conferencia | 0 |
División | 1 (2004) |
timberwolves.com |
Coma a maioría dos equipos de expansión, tivo dificultades nos primeiros anos, pero a adquisición de Kevin Garnett no Draft da NBA de 1995, o equipo chegou aos Playoffs en oito tempadas consecutivas, de 1997 a 2004. A pesar de perder en primeira rolda nas sete primeiras participacións, os Timberwolves gañaron o seu primeiro título de división en 2004, e chegaron ás finais da Conferencia Oeste. Garnett foi ademais nomeado MVP da Tempada da NBA nesa tempada. O equipo estivo en reconstrución dende o traspaso de Garnett aos Boston Celtics en 2007.