Mosteiro de San Millán de la Cogolla
institución relixiosa en España / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mosteiro de San Millán de la Cogolla é unha institución relixiosa fundada no século VI d.C. por San Millán, situada no municipio de San Millán de la Cogolla, na comunidade autónoma da Rioxa. Está formado pola comunidade de monxes que continúan a tradición iniciada polo eremita Millán. Dende o século VI ata os nosos días déronse distintos tipos de vida monástica: eremitas, cenobio, mosteiro visigodo dúplice con regra hispánica, mosteiro mozárabe, mosteiro beneditino, e na actualidade convento de frades da Orde de Agostiños Recoletos.
Datos rápidos Mosteiros de San Millán de Yuso e de Suso, Patrimonio da Humanidade - UNESCO ...
Mosteiros de San Millán de Yuso e de Suso | |
---|---|
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Localización | |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV, VI |
Inscrición | 1997 (21ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 805 |
Pechar