Mumia Abu-Jamal
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mumia Abu-Jamal (anteriormente chamado Wesley Cook), nado en Filadelfia o 24 de abril de 1954, é un xornalista e activista político afroamericano, actualmente na cadea baixo a acusación de asasinato. Membro dende cedo do Partido Pantera Negra, Abu-Jamal foi encarcerado en 1981 polo asasinato do policía Daniel Faulkner, de Filadelfia. En principio foi condenado a pena de morte, pero a súa sentenza foi revisada en decembro de 2001 e substituída pola de cadea perpetua. Abu-Jamal cumpre a súa pena na prisión de máxima seguridade SCI-Greene.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1954 (70 anos) Filadelfia, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Goddard College (en) Benjamin Franklin High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor , xornalista de opinión , activista político , locutor de radio |
Membro de | Panteras Negras (1969–1970) |
Pseudónimo literario | Mumia Abu-Jamal |
Lingua | Lingua inglesa |
Selo discográfico | Alternative Tentacles |
Outro | |
Condenado por | asasinato |
Premios
| |
|
O caso de Abu Jamal recibiu atención internacional. Moitos dos seus simpatizantes proclaman a súa inocencia e denuncian que a súa detención e condena foron motivadas por causas políticas, considerándoo un preso político. Os detractores, pola súa banda alegan que foi legalmente condenado por asasinato e que tivo o beneficio dunha revisión do proceso.