Mundial de Fútbol de 1974
evento futbolístico internacional cuatrianual / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa Mundial da FIFA de 1974 (en alemán: Fußball-Weltmeisterschaft 1974) foi a décima edición do Campionato Mundial de fútbol de seleccións. O torneo, organizado pola República Federal de Alemaña (incluíndo Berlín Oeste) comezou o 13 de xuño e rematou o 7 de xullo. Este torneo foi o primeiro no que se entregou ao campión o actual trofeo, un deseño do escultor italiano Silvio Gazzaniga. O trofeo anterior, a Copa Jules Rimet, foi outorgado á selección do Brasil despois de gañar o seu terceiro título na anterior edición en México. Esta edición foi, ademais, a primeira en presentar dúas roldas de fase de grupos antes das eliminatorias finais.
O título do torneo levouno o país anfitrión após vencer aos Países Baixos na final, a cal se celebrou no Estadio Olímpico de Múnic. Este título supuxo o segundo para os alemáns, os cales xa gañaran na edición de 1954 en Suíza. As seleccións debutantes nesta edición foron as de Alemaña Oriental, Australia, Haití e o Zaire. No tocante á selección da República Democrática Alemá, esta foi a súa única participación na fase final do torneo. O máximo goleador do torneo foi o polaco Grzegorz Lato con sete tantos.