Mötley Crüe
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mötley Crüe é unha banda estadounidense de heavy metal formada nos Ánxeles, California en 1981. O grupo foi creado polo baixista Nikki Sixx e o batería Tommy Lee, aos que posteriormente se lles unirían o guitarrista Mick Mars e o vocalista Vince Neil. Mötley Crüe ten vendidos máis de 80 millóns de discos en todo o mundo, 25 deles só nos Estados Unidos.
Datos rápidos Orixe, Período ...
Mötley Crüe | |
---|---|
Orixe | Os Ánxeles, California, |
Período | 1981 - actualidade |
Xénero(s) | heavy metal, glam metal, hard rock |
Selo(s) discográfico(s) | Mötley, Eleven Seven Music, Elektra, Leathür, Warner Music Group, Roadrunner |
Membros | Mick Mars Nikki Sixx Vince Neil Tommy Lee |
Antigos membros | John Corabi Randy Castillo |
Na rede | |
http://www.motley.com/ | |
Pechar
Os membros da banda adoitan a destacar polos seus estilos de vida hedonistas e as personaxes que interpretan. Todos os membros orixinais tiveron numerosos problemas coa lei, pasaron tempo no cárcere ou sufriron de alcoholismo ou adición a drogas.