Música gótica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A música gótica é un estilo musical de finais do século XX, que conta cunha iconografía e características bastante concretas:
- Ideoloxía do romanticismo literario (época de lord Byron e Mary Shelley) e temática do desamor;
- Utilización e transformación (reinterpretación, apropiación, terxiversación ou recuperación) de mitoloxía e lendas tradicionais;
- Uso de temas medievais e bíblicos;
- Ambientes escuros e noitébregos;
- Relación destemida con morte, medo, ira, odio, escuridade, seres sobrenaturais etc.;
- Elegancia e clasicismo no vestir (case sempre de negro) combinada coa palidez cetrina na pel da face;
- Vocalista feminina;
Con todo, as orientacións dentro do gótico son varias: existen grupos que tenden ó punk ou ó black-metal ou o dark-metal, mentres que outros van cara ó doom ou cara á música electrónica. Algunhas veces compáraselle con bandas sonoras de películas épicas ou procedentes do cómic (do estilo O Señor dos Aneis ou Underworld), o cal non está de todo errado pois comparten certos elementos visuais, musicais ou mesmo están presentes nas bandas sonoras.
Canto ó estilo musical, é singular pola súa mestura da música orquestrada (certos instrumentos e mesmo formacións enteiras) coa música electrónica e as guitarras eléctricas máis propias de estilos máis duros coma o Heavy. A sobriedade e a amplitude da escala vocal tamén adoitan aparecer nos temas, e sitúanse nunha liña herdeira directa do Heavy alemán dos anos 80 (Warlock e Doro Pesch, Europe etc.), do rock sinfónico e da música electrónica dos 90.
A inmensa maioría dos grupos máis coñecidos nos circuítos musicais son europeos (coa excepción dos estadounidenses Evanescence), e unha boa parte da tradición procede dos tres países escandinavos, de Alemaña e de Países Baixos (a excepción é Lacuna Coil, de Italia). As tendencias máis fortes proceden de grupos xurdidos en Polonia.