Nacionalismo aragonés
From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacionalismo aragonés é unha ideoloxía política que defende que Aragón ten historia, lingua, leis e cultura propios como para ter unha maior autonomía ou incluso un estado independente. Un dos símbolos máis empregados é a estrelada aragonesa, formada polas catro barras de Aragón e unha estrela vermella ó centro.
Os principais partidos nacionalistas son Chunta Aragonesista, Puyalón (abertamente independentistas) e o Partido Aragonés (nacionalismo moderado), aínda que tamén houbo outros como Iniziatiba Aragonesa ou Estado Aragonés.