Natación sincronizada
disciplina que combina natación, ximnasia e danza / From Wikipedia, the free encyclopedia
A natación Sincronizada é unha disciplina derivada da natación e que consiste nunha especie de ballet na auga onde as competidoras (maioritariamente mulleres) realizan unha coreografía flotando e facendo figuras acrobáticas guiadas en gran parte pola música. Combina a natación, a danza e a ximnasia e é un deporte olímpico.
Existen tres modalidades de competicións: individual, dúos e por equipos. Seguindo o ritmo da música, as nadadoras realizan figuras acrobáticas na piscina, tanto baixo a auga como na superficie.