Notofagáceas
familia de plantas / From Wikipedia, the free encyclopedia
A das notofagáceas (Nothofagaceae) é unha familia da orde das fagales.
Máis información Clasificación científica, Especies ...
Notofagáceas Nothofagaceae | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nothofagus pumilio | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|
Pechar
Comprende unha serie de especies arbóreas orixinarias do hemisferio sur, todas elas reunidas nun único xénero, Nothofagus, cuxos membros son coñecidos da bibliografía internacional como faias do sur, pois están emparentados coas faias (xénero Fagus) do hemisferio norte e até a década de 1990 eran clasificados como un xénero irmán delas, dentro da familia das fagáceas.
Considérase que o xénero orizinouse no sur de Suramérica e a península Antártica.[1]
As especies de notofagáceas encóntranse principalmente en Australia, Nova Zelandia, Chile, Arxentina, Nova Guinea e Nova Caledonia.