Nova Guinea alemá
protectorado colonial entre 1884 e 1914 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Nova Guinea alemá (en alemán Deutsch-Neuguinea) foi un protectorado alemán desde 1884 até 1914, que comprendía a parte nordeste da illa de Nova Guinea e varios grupos de illas próximas. Foi a primeira entidade do Imperio colonial alemán.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Finschhafen (1885–1891) Stephansort (en) (1891, 1896–1892) Friedrich-Wilhelmshafen (pt) (1892–1899) Herbertshöhe (pt) (1899–1910) Rabaul (pt) (1910–) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Cronoloxía | |||||
Disolución | 28 de xuño de 1919 | ||||
Sucedido por | Protetorado Britânico das Ilhas Salomão (pt) e Território de Nova Guiné (pt) | ||||
Moeda | Marco do ouro alemão (pt) | ||||
A parte principal do territorio era Kaiser-Wilhelmsland ("Terra do Káiser Guillerme"), a parte nordeste da illa de Nova Guinea, que se converteu nun protectorado alemán en 1884. Posteriormente agregáronse varios grupos de illas: Neu-Pomern (Nova Pomerania), o arquipélago Bismarck (así nomeado en honor ao político e militar prusiano Otto von Bismarck, artífice da unificación alemá) e as illas Salomón do Norte, que foron declarados protectorados alemáns en 1885; as illas Carolinas, Palau e as Marianas, que se compraron a España en 1899; o protectorado das illas Marshall que foi comprado a España en 1885 por 4,5 millóns de dólares mediante o Protocolo hispano-alemán de Roma de 1885; e Nauru, que foi anexionada ao protectorado das illas Marshall en 1888.
Tras o estalido da primeira guerra mundial en 1914, Kaiser-Wilhelmsland e as illas achegadas caeron ante as forzas australianas, mentres que o Xapón ocupou a maior parte das posesións alemás restantes no Pacífico. A parte da Nova Guinea alemá, o arquipélago Bismarck e as illas Salomón do Norte son agora parte de Papúa Nova Guinea. As illas micronesias da Nova Guinea alemá son agora os Estados Federados de Micronesia. As Illas Marshall, Nauru, as Illas Marianas do Norte e Palau son países independentes.
As illas ao leste de Kaiser-Wilhelmsland foron renomeadas tras a anexión como arquipélago Bismarck (anteriormente arquipélago de Nova Bretaña) e as dúas illas máis grandes co nome de Neu-Pommern ("Nova Pomerania", actual Nova Bretaña) e Neu-Mecklenburg ("Nova Mecklemburgo", actual Nova Irlanda).[1] Porén, debido ao seu acceso acuático, estas illas periféricas foron e seguiron sendo a parte máis economicamente viábel do territorio.
Coa excepción da Samoa alemá, as illas alemás no Pacífico occidental formaron os "Protectorados Imperiais alemáns". Estes administráronse como parte da Nova Guinea alemá e incluían as illas Salomón alemás (Buka, Bougainville e varias illas máis pequenas), as Carolinas, Palau, as Marianas (excepto Guam, que até 1898 pertenceu a España e posteriormente aos Estados Unidos), as illas Marshall e Nauru. En total, estímase que a Nova Guinea alemá tiña unha extensión de 249 500 km².[2]