Operación Entebbe
accidente de aviación en Uganda en 1976 / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Operación Entebbe foi unha misión de rescate de reféns levada a cabo polas Forzas de Defensa de Israel (FDI) no Aeroporto de Entebbe, en Uganda, o 4 de xullo de 1976.[7] Unha semana antes, o 27 de xuño, unha aeronave de Air France con 248 pasaxeiros foi secuestrada por terroristas palestinos e simpatizantes, tomando rumbo a Entebbe, cerca de Kampala, a capital de Uganda. Pouco despois da aterraxe todos os pasaxeiros non xudeus foron liberados, quedando retidas noventa e catro persoas, a maioría israelís e os doce membros da tripulación de Air France.[8][9]
Operación Entebbe | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Conflito árabe-israelí | |||||||||||
Mandos israelís do Sayeret Matkal despois da operación | |||||||||||
| |||||||||||
Belixerantes | |||||||||||
Israel | PFLP-EO Células Revolucionarias Uganda | ||||||||||
Líderes | |||||||||||
Dan Shomron Yekutiel Adam Benjamin Peled Yonatan Netanyahu (KIA) |
Wadie Haddad Wilfried Böse (KIA) Idi Amin | ||||||||||
Forzas en combate | |||||||||||
100 comandos Tripulación aérea e persoal de apoio |
7 secuestradores + 100 soldados ugandeses | ||||||||||
Baixas | |||||||||||
1 morto 5 feridos -- 3 reféns mortos[3][4] 10 reféns feridos |
Secuestradores: 7 mortos |
As accións do exército israelí baseáronse na información subministrada pola axencia de intelixencia israelí, o Mosad. A operación ideouse a consecuencia do secuestro por parte da organización militante Células Revolucionarias e a Fronte Popular para a Liberación de Palestina, xunto coa ameaza dos secuestradores de matar os reféns se non se cumprían as súas exixencias de liberación de presos.[10] O plan tamén incluía preparación contra unha eventual resistencia armada por parte das tropas ugandesas.[11]
A operación de rescate executouse pola noite, cando foron transportados por vía aérea 100 comandos de elite israelís a máis de 2500 km de distancia ata Uganda. A operación, que foi ideada durante unha semana, durou 53 minutos e se rescataron 103 reféns. Cinco comandos israelís resultaron feridos e o comandante da unidade de asalto, morreu durante a operación. Todos os secuestradores, tres reféns e corenta e cinco soldados ugandeses morreron e once MiG-17 de fabricación soviética foron destruídos en terra.[12] Un cuarto refén foi asasinado por integrantes do exército ugandés nun hospital próximo.[13][14]
A operación, que tivo o nome en clave Operación Trono, coñécese ás veces como Operación Jonathan en memoria do líder da unidade de asalto finado, Yonatan Netanyahu, quen era o irmán máis vello de Benjamin Netanyahu, primeiro ministro de Israel de 1996 a 1999 e desde 2009.[15] Como resultado da operación os militares estadounidenses implantaron equipos de rescate altamente adestrados inspirados na operación Entebbe. O intento máis notable de imitala foi a Operación Garra de Aguia, un rescate infrutuoso de cincuenta e tres funcionarios retidos en Teherán durante a crise dos reféns en Irán.[16][17]