Operación chumbo fundido
From Wikipedia, the free encyclopedia
A operación chumbo fundido[2] (en hebreo: מבצע עופרת יצוקה, transliterado: Mivtza Oferet Yetsuká) é unha ofensiva militar realizada polo Exército de Israel (tamén coñecidas por Tzahal) na Franxa de Gaza contra os militantes de Hamas e maila súa infraestrutura e contra a poboación civil en xeral[3][4][5][6][7][8][9][10][11], que comezou o 27 de decembro de 2008 e desenvolveuse até o 18 de xaneiro. As accións causaron grande controversia en todo o mundo (sendo incluso fortemente rexeitada por persoeiros e agrupacións xudías[12]), producíndose manifestacións de protesta en moitos países, considerándose en boa parte do mundo como un masacre[13][14][15][16][17][18][19] e mesmo un xenocidio[20][21][22][23][24]. Tamén houberon algunhas mostras de apoio á acción israelí nalgunhas cidades, como Londres ou Nova York. O goberno israelí defendeu o seu ataque militar por ser contra o "terrorismo" e en autodefensa, en resposta ó lanzamento de mísiles Qassam por parte de milicianos de Hamas[25][26], durante a tregua de 6 meses asinada o 19 de xuño de 2008. Porén, esta tregua fora violada por Israel ó realizar na franxa de Gaza unha incursión, o 4 de novembro de 2008, contra militantes de Hamas na que mataron a 6 deles e deixaron decenas de feridos[27]. Esta acción foi respondida co lanzamento de 35 mísiles que non deixaron feridos. De novo o 14 de novembro, as forzas israelís lanzaron mísiles ferindo a dous palestinos[28]. Cómpre subliñar que a franxa de Gaza se atopaba en situación de bloqueo por parte do estado israelí e mailo exipcio dende xuño de 2007, o que provocou unha grave crise humana ó limitarse a entrada de axuda, alimentos e medicamentos[29], e afogándose a por de si precaria economía da franxa[30]. O cesamento deste bloqueo era condición imprescindible para que Hamas asinara unha nova tregua, que ofreceu poucos días antes do masacre cometido por forzas israelís[31], aínda que uns días antes de ofrece-la renovación da tregua Hamas déraa por finalizada por non a ter respectado[32].
Operación chumbo fundido | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Conflito árabe-israelí | |||||||
Mapa da franxa de Gaza (Palestina) | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Israel (Exército de Israel) | Hamas Jihad Islámica de Palestina Brigadas dos Mártires de Al Aqsa Comités de resistencia popular Frente Popular para a Liberación de Palestina | ||||||
Líderes | |||||||
Ehud Barak (Ministro de Defensa) Gabi Ashkenazi (Xefe das Forzas Armadas) Yoav Galant (Comandante militar da rexión sur) |
Ismail Haniyeh Mahmoud az-Zahar Ahmed al-Ja'abari | ||||||
Forzas en combate | |||||||
176.500 (10 mil homes participan da ofensiva, resguardados por tanques, artillaría, navíos de guerra e avións de combate) | 15.000 - 20.000 | ||||||
Baixas | |||||||
Civís: 3 Militares: 10 Totais: 13 |
Totais: Entre 1.387 e 1.417[1] |
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |