Organización política de Alasca
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O estado de Alasca, xunto co estado de Luisiana que se divide en parroquias, son os únicos estados dos Estados Unidos, que non están divididos en condados, senón que se divide en boroughs. A maioría das cidades máis poboadas de Alasca forman parte dalgún dos dezaseis boroughs organizados, e que funcionan de xeito similar aos condados dos outros estados. Con todo, a diferenza do que ocorre nos outros estados, os boroughs organizados non cobren a totalidade da superficie de Alasca e o resto do estado é coñecido como o borough non organizado.
Para completar o censo de 1970, a Oficina do Censo dos Estados Unidos, en cooperación co estado de Alasca, dividiu a gran porción denominada borough non organizado nun total de once áreas censais, cada unha delas correspondía a un distrito electoral. Con todo estás áreas foron definidas unicamente con fins de análise estatística e non posúen representación administrativa propia. A oficina do censo trata aos boroughs organizados e ás áreas censais de forma equivalente ao nivel dos condados dos outros estados.
Algunhas zonas do borough non organizado recibe certos servizos públicos directamente do goberno do estado de Alasca, polo xeral están relacionados coas forzas da lei e financiamento para educación.
En Alasca existen cinco cidades-borough consolidada, que son similares ás cidade-condado consolidada dos outros estados. Son as cidades e borough de Juneau, Haines, Sitka, Yakutat, así como a cidade máis grande do estado, Anchorage. Aínda que o seu nome legal é o de Municipalidade de Anchorage, a lei estatal deulle consideración de cidade-borough.