Os vixilantes do Camiño
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os vixilantes do Camiño é unha serie de televisión galega de 1999 con animación en 2D realizada pola Televisión de Galicia e producida por Miguelanxo Prado e Suso Iglesias. Está protagonizada polos personaxes do Xabarín Club e está inspirada no Camiño de Santiago. Componse de 13 episodios de 26 minutos e unha longametraxe de 80. Estreado en formato longametraxe o 17 de maio de 1999 na TVG e posteriormente en formato serie o 15 de maio do 2000 no Xabarín Club.
Datos rápidos Formato, Dirixido por ...
Formato | animación |
---|---|
Dirixido por | Ángel Izquierdo Antonio Zurera Miguelanxo Prado (dirección artística) |
Intérpretes | Tacho González Manuel Manquiña |
Lingua(s) | galego |
Episodios | 13 + 1 longametraxe |
Duración | 26 minutos |
Distribuidor | Biblos Clube de Lectores Televisión de Galicia |
Canle de orixe | TVG |
Primeiro episodio | 1999 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A serie tivo un custo de 400 millóns de pesetas, dos cales a produtora madrileña Milimetros S.A. achegou un 15-20%, o Xabarín Club un millón e medio de pesetas e o resto a TVG.