Paio Gómez Chariño
poeta e nobre galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Paio Gómez Chariño, nado cara a 1225 probablemente en Pontevedra[1] e finado en Ciudad Rodrigo en outono de 1295, foi un poeta e nobre galego. Foi o primeiro Señor de Rianxo, Adiantado Maior do Reino de Galicia, destacado aristócrata e militar do reino e sobranceiro trobador en lingua galega.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1225 (Gregoriano) Galicia |
Morte | 1295 (Gregoriano) (69/70 anos) Ciudad Rodrigo |
Lugar de sepultura | convento de San Francisco |
Adiantado maior do reino de Galicia | |
Señor de Rianxo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Lingua | Lingua castelá, lingua portuguesa e lingua galega |
Familia | |
Fillos | Álvar Páez Maldonado |
Pechar
No seu sepulcro, en Pontevedra, consta o nome de Payo Guomez Charino, pero nos seus textos aparecen diferentes nomes, como Pae Gomez Charinho, Paay Gomez Charinho, Pae Gomez ou Pay Gomez [2].