Partido Obreiro Francés
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Partido Obreiro Francés (en francés: Parti Ouvrier Français (POF)) foi o primeiro partido socialista marxista de Francia. Foi fundado no Congreso obreiro de Marsella de 1879. Significou a primeira expresión política do marxismo francés, na súa versión máis mecanicista. En 1882 no Congreso de Saint-Étienne a sección socialista reformista do partido, dirixida por Paul Brousse, escíndese e forma o Partido Obreiro Socialista Revolucionario (POSR), de carácter reformista, que participaba na construción do Estado liberal burgués.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Partido Obreiro Francés | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | socialismo e comunismo |
Data de fundación | 1882 |
Data de disolución | 1902 |
Fundador(es) | Jules Guesde e Paul Lafargue |
País | Francia |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 1901 o POF uniuse con outras forzas socialistas (como o POSR de Paul Brousse) para formar o Partido Socialista de Francia.
En 1905, o Partido Socialista de Francia e o Partido Socialista Francés de Jean Jaurès uníronse para formar a Sección Francesa da Internacional Obreira (SFIO).