Países Baixos españois
From Wikipedia, the free encyclopedia
Países Baixos españois foi o nome que, na historiografía internacional, se lle daba aos territorios do noroeste europeo, coñecidos en España como Flandes (Flandres), que permaneceron baixo o dominio da rama española da casa de Habsburgo, no período que trascorreu entre 1555, cando o emperador Carlos V como duque de Borgoña cedeu estes territorios ao seu fillo Filipe, daquela príncipe, até 1713, en que, en virtude dos tratados Utrech-Rastatt —conxunto de tratados asinados polos Estados contendentes na Guerra de Sucesión española entre os anos 1713 e 1715 na cidade holandesa de Utrecht e na alemá de Rastatt— os territorios que aínda estaban en poder da coroa española pasaron á soberanía dos Habsburgos austríacos, obtendo así o emperador Carlos VI o control dos Países Baixos.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Kuype of Brussels (en) | |||
Poboación | ||||
Lingua usada | lingua alemá | |||
Relixión | Igrexa católica | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 1581 | |||
Disolución | 1714 | |||
Sucedido por | Países Baixos austríacos | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | gobernorato | |||
Moeda | Florim (moeda) (pt) | |||
Cómpre sinalar que algúns historiadores sitúan como data de inicio deste período a da independencia das Provincias Unidas, en 1581.