Período formativo de América
From Wikipedia, the free encyclopedia
O período formativo ou preclásico de América, corresponde ao terceiro período da historia precolombiana de América, no que se pescaba con lanzas e non con redes de pescar e no que se divide a Prehistoria de América para efectos de estudo. Este período abrangue entre os anos 1500 a.C. e o 292. Grazas á agricultura, o home americano comezou a conformar pobos sedentarios e ao redor diso deuse a formación de sociedades máis complexas, inicialmente en Mesoamérica e nos Andes Centrais. Esta etapa é a terceira das cinco etapas nas que se divide a historia da América precolombiana propostas por Gordon Willey e Philip Phillips no seu libro de 1958 Method and Theory in American Archaeology.[1]