Destrución do hábitat
From Wikipedia, the free encyclopedia
A destrucción do hábitat é o proceso polo cal un hábitat natural é transformado nun hábitat incapaz de manter as especies orixinarias do mesmo. As plantas e animais que o utilizaban son destruídas ou forzadas a emigrar, e como consecuencia hai unha redución na biodiversidade. A agricultura é a causa principal da destrución de hábitats. Outras causas importantes son a minería, a deforestación, a sobrepesca e a proliferación urbana. A destrución de hábitats é actualmente a causa máis importante da extinción de especies no mundo.[1] É un proceso con poderosos efectos na evolución e conservación biolóxica. Entre as causas adicionais están a fragmentación de hábitats, procesos xeolóxicos, cambios climáticos, especies invasoras, alteracións dos nutrientes e as actividades humanas.
Os termos perda de hábitat e redución de hábitat úsanse nun sentido máis amplo incluíndo a perda de hábitat por outros factores tales como contaminación da auga e contaminación acústica.