Pilosos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos pilosos (Pilosa) é unha orde de mamíferos placentarios, unha das dúas que integran a superorde dos xenartros,[1] que inclúe os osos formigueiros e os preguiceiros, animais que, na actualidade, existen unicamente no continente americano.
Máis información PilososPilosa Rango fósil: paleoceno – actualidade, Clasificación científica ...
Pilosos Pilosa Rango fósil: paleoceno – actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Preguiceiro de dous dedos de Hoffmann (Choloepus hoffmanni) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Subordes | |||||||||||||||||||||
Pechar
A orixe da orde se remóntase a principios do terciario, hai ao redor de 60 millóns de anos, pouco tempo despois da extinción dos dinosauros.
Até hai poucos anos este grupo considerábase unha suborde da orde dos Xenarthra, que na actualidade foi elevada ao rango de superorde.
Porén, están emparentados cos armadillos, que hoxe se consideran formando unha orde, a dos Cingulata, dentro dos xenartros, aínda que os pilosos modernos están moi especializados e superficialmente parécense moi pouco aos armadillos.