Programa Kallikratis
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Programa Kallikratis, Plan Calícrates ou Programa Calícrates (en grego Πρόγραμμα Καλλικράτης, Prógramma Kallikrátis), cuxo nome completo é Nova arquitectura das Autonomías e da Administración Descentralizada - Programa Kallíkratis (en grego Νέα Αρχιτεκτονική της Αυτοδιοίκησης και της Αποκεντρωμένης Διοίκησης - Πρόγραμμα Καλλικράτης, Nea Arkhitektonikí tis Aftodioíkisis kai tis Apokendroménis Dioíkisis - Prógramma Kallikrátis), é unha lei grega que reformou a división administrativa de Grecia no ano 2010. Ademais, concretou os límites das unidades autónomas, como o procedemento de elección dos distintos órganos e as competencias destes.
O plan votouse no Parlamento grego en maio de 2010 e parte del foi publicado no Boletín do Estado do 7 de xullo de 2010 para que puidese aplicarse ás eleccións autonómicas gregas do ano 2010. Entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2010. Tanto a elaboración da lei como tamén ao entrar en vigor provocaron reaccións violentas e manifestacións en toda Grecia,[1][2] e ata unha folga de fame.[3] Entre os principais motivos destas reaccións están as fusións e os recortes en certos servizos sociais, como en centros educativos[4][5] e de saúde.[6]