Planeta anano
categoría de corpos celestes / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un planeta anano e unha categoría de corpos celestes no sistema solar acordada pola Unión Astronómica Internacional (IAU) o 24 de agosto de 2006.
Esta resolución describe un planeta anano coma un obxecto que:
- está na órbita arredor do Sol,
- a súa gravidade supera as forzas do corpo ríxido e asuma unha forma en equilibrio hidrostático (practicamente esférica)
- non limpou o espazo circundante da súa órbita,
- non é un satélite dun planeta ou doutro corpo non estelar.
Esta definición incorpora a Plutón entre os planetas ananos, e deixa de ser planeta porque non liberou o espazo circundante da súa orbita, o Cinto de Kuiper, e o seu planeta dobre Caronte.