Pobo maorí
grupo indíxena polinesio de Nova Zelandia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os maorís[6] son un grupo indíxena polinesio de Nova Zelandia. A palabra maorí significa normal ou ordinario na lingua maorí, aínda que hoxe moitos maorís prefiran darse o nome de tangata whenua, literalmente, o pobo da terra. Chegaron a Nova Zelandia das illas do leste de Polinesia en ondas sucesivas[7] nalgún momento antes do ano 1300.[8] Durante varios séculos de illamento, os maorís desenvolveron unha cultura única coa súa propia linguaxe, unha rica mitoloxía, artesanías distintivas e artes escénicas. Formaron unha sociedade tribal baseada nos costumes sociais e a organización da Polinesia. Destacaron na horticultura co emprego de plantas que eles mesmos introduciron, e despois de 1450 xurdiu unha prominente cultura guerreira. A chegada dos Europeos a Nova Zelandia no século XVII trouxo grandes cambios na maneira de vivir do pobo maorí.Os maorís adoptaron en moitos comportamentos da sociedade e cultura occidental. Coa sinatura do Tratado de Waitangi en 1840, a cultura maorí e inglesa coexistiron como parte dunha nova colonia británica. As crecentes tensións pola venda das terras rematou nun conflito en torno a 1960. O levantamento social, as décadas de conflito e as epidemias introducidas levaron a unha devastación do poboación maorí, que entrou nunha caída drástica, pero no comezo do século XX, a poboación maorí comezou a recuperarse, facéndose esforzos para aumentar a súa posición na sociedade de Nova Zelandia. A cultura maorí tradicional gozou dun rexurdimento, e apareceu un movemento de protesta polo 1960 pedindo os dereitos dos maorís.
Pobo maorí | |
---|---|
Hone Heke e esposa · Hinepare of Ngāti Kahungunu · Tukukino · Te Rangi Hīroa · Meri Te Tai Mangakahia · Apirana Ngata · Keisha Castle-Hughes · Winston Peters · Stephen Kearney | |
Poboación | |
Poboación total: Ao redor de 750 000 | |
Rexións principais: | |
Nova Zelandia | 598 605 (censo de 2013)[1] |
Australia | 126 000 (estimación de 2006)[2] |
Reino Unido | 8 000[3] |
Estados Unidos | 3 500[4] |
Canadá | 1 305[5] |
Outras rexións | 8 000[3] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Maorí, inglés |
Relixión | Relixión maorí, cristianismo |
Grupos relacionados | Outros pobos da Polinesia, Austranesios |
No 2013 no censo, había aproximadamente 600.000 persoas en Nova Zelandia que se identificaron como maorís, constituíndo aproximadamente un 15% da poboación nacional. Son o segundo grupo étnico máis grande do país, despois dos neozelandeses de orixe europea ("Pakeha"). Ademais, hai sobre 120.000 maorís vivindo en Australia. A lingua maorí (coñecida como Te Reo Maori) fálana preto dun quinto de todos os maorís, o que representa un 3% da poboación total, aínda que moitos neozelandeses regularmente utilizan palabras en maorí e expresións, como "kia ora", mentres falan inglés. Os maorís son activos en todas as facetas da cultura e sociedade de Nova Zelandia, con representación en áreas coma os medios de comunicación, política e deporte.
Unha cantidade significativa de maoris faille fronte a obstáculos económicos e sociais, con menor esperanza de vida e ingresos comparado con outros grupos étnicos de Nova Zelandia, ademais dos maiores niveis de delincuencia, problemas de saúde e educación. As inciativas socioeconómicas aplicáronse a cerrar a fenda existente entre os maoris e outros grupos neozelandeses. A compensación política polos agravios históricos tamén se atopa en proceso.