Portela da Canda
paso de montaña entre Seabra e As Frieiras / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Canda é unha portela entre a serra Segundeira, ao norte, e a serra de Marabón, ao sur, que comunica As Frieiras, na provincia de Ourense con Seabra, na provincia de Zamora. Está situada a unha altitude de 1.259 m. O camiño que salva este alto é unha pasaxe usada de vello na comunicación entre Galicia e a Meseta.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Neste punto consérvase un pequeno treito da primitiva estrada ZA-106, que foi substituída pola nacional N-525 cando, en 1975, se abriu a variante entre Padornelo e A Canda, que pasou a acurtar o traxecto de 21 a 11,5 km. Dende 2003, a inauguración do tramo entre Ourense e Benavente da autovía A-52 evita a subida ao porto grazas a un túnel de 450 m que fura o contraforte máis meridional do Pico de Aguallal (da serra Segundeira), a uns poucos centos de metros da portela da Canda.