Power pop
subxénero musical / From Wikipedia, the free encyclopedia
O power pop é un subxénero da música rock e da música pop, que se caracteriza por utilizar no seu son melodías apegadizas e harmonías vocais similares ás do pop dos 60, combinadas con contundentes riffs de guitarras e unha enérxica sección rítmica. Os sós de guitarra non son moi habituais e os apaños das cancións adoitan ser mínimos.
Datos rápidos Orixe musical, Orixe cultural ...
Power pop | |
---|---|
Orixe musical | pop rock, rock and roll, beat music, rhythm and blues, garage rock |
Orixe cultural | anos 60 no Reino Unido e Estados Unidos |
Instrumentos típicos | batería, guitarra eléctrica, teclados, baixo, sintetizadores |
Derivados | britpop – indie pop – pop punk – noise pop |
Subxéneros | |
jangle pop – mod revival | |
Pechar
Dende o seu nacemento, o Power pop pasou por varias etapas e foi influído por outros xéneros que en cada época estaban de actualidade. Así durante os 70 estivo influído polo Punk e a New wave, ou a partir de finais dos 80 polo Indie rock.