Os Priapúlidos (priapulida) é un filo do reino animal que inclúe os vermes mariños que posúen unha probóscide espiñosa. Os primeiros rexistros deste grupo datan do Cámbrico.
Do grego priapus que significa deus fálico, o seu nome vernáculo é priápulo, da orde Priapulida.
Habitan sedimentos lamacentos e areosos do fondo mariño. Como os nematodos, son os asquelmintos con maior volume de pseudoceloma. Son vermiformes, non segmentados, de vida libre, con simetría bilateral, porén cunha forte tendencia á simetría radial. Posúen unha probóscide (que é o prolongamento externo revestido de músculos do aparello nasal), espiñosa. A súa forma é cilíndrica, son bentónicos, predadores e ocupan desde as rexións entre mares ata profundidades de 7.500 metros, estando presentes en todos os óceanos.
Máis información Clasificación científica, Ordes ...
Pechar