Primeira división española 1940/41
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 1940/41 da Primeira división española foi a décima edición do torneo. Celebrouse entre o 29 de setembro de 1940 e o 30 de marzo de 1941.
O Atlético Aviación (actual Atlético de Madrid) proclamouse campión por segunda vez consecutiva.
Foi a segunda tempada na que participou un equipo galego, o Celta de Vigo. O Real Oviedo, tras un ano sen competir como consecuencia da Guerra Civil Española, recuperou a súa praza na máxima categoría. O Real Murcia debutou na categoría esta tempada.