Primeira división española 1984/85
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 1984/85 da Primeira división española de fútbol, que foi a 54ª edición do campionato, comezou o 1 de setembro de 1984 e rematou o 21 de abril de 1985. O FC Barcelona proclamouse campión, once anos despois, sumando o seu décimo título. Os azulgrana igualaron a marca de puntuación establecido cinco anos antes polo Real Madrid con 53 puntos.
A tempada estivo marcada por unha folga de futbolistas, convocada pola AFE (Asociación de Futbolistas Españois), que obrigou os equipos a aliñaren xogadores non profesionais -xuvenís e afeccionados- na segunda xornada, mentres que a terceira foi adiada.