Primeira división española 1995/96
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 1995/96 Primeira división española de fútbol, que foi a 65ª edición do campionato, comezou o 2 de setembro de 1995 e rematou o 26 de maio de 1996. O Atlético de Madrid logrou o seu noveno título de campión, tras unha seca de 19 anos. Os branquivermellos, que tamén conquistaron a Copa do Rei, lograron o primeiro dobrete da súa historia. Esta tempada estivo marcada pola polémica ampliación que deu orixe á chamada Liga dos 22.