Primeira división española 2004/05
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada da primeira división española 2004/05 de fútbol comezou o 28 de agosto de 2004 e concluíu o 29 de maio de 2005. O campión foi o FC Barcelona, que conseguiu matematicamente o título a falta de dúas xornadas por disputar, rompendo así unha seca de seis tempadas sen gañar o título, e establecendo ademais a marca de puntuación na liga de 20 equipos, con 84 puntos. As revelacións da tempada foron o Villarreal CF e o Real Betis, que conseguiron a súa primeira clasificación para a Liga de Campións da UEFA. O Levante UD, o CD Numancia e o Albacete Balompié descenderon á segunda división española.