Primeira división española 2005/06
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada da primeira división española 2005/06 de fútbol comezou o 27 de agosto de 2005 e concluíu o 20 de maio de 2006, coa disputa do partido atrasado entre o Athletic de Bilbao e o FC Barcelona, intranscendente xa para a clasificación final. O Barcelona conseguiu revalidar o título conseguido a tempada anterior. Por primeira vez na historia da liga, o campión cantou o alirón durante o descanso do seu propio partido, mercé á derrota do Valencia CF fronte ao RCD Mallorca. O Osasuna conseguiu a súa primeira clasificación para unha edición da Liga de Campións da UEFA, e o Celta de Vigo logrou a clasificación para a Copa da UEFA coa condición de recentemente ascendido, sendo a sétima vez que ocorre na liga. O Málaga CF, o Cádiz CF e o Deportivo Alavés non conseguiron a permanencia na categoría e descenderon á segunda división española.