Primeira división española 2012/13
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 2012–13 da Primeira División Española de fútbol foi a 82ª edición desta competición. Comezou o 18 de agosto de 2012 e finalizou o 1 de xuño de 2013. O torneo estivo organizado pola Liga de Fútbol Profesional (LFP).
Tempada | 2012–13 |
---|---|
Campión | Barcelona 22º título |
Descendidos | Mallorca Deportivo da Coruña Zaragoza |
Champions League | Barcelona Real Madrid Atlético de Madrid Real Sociedad |
Valencia Betis Sevilla | |
Partidos xogados | 380 |
Goles marcados | 1091 (2.87 por partido) |
Máximo goleador | Lionel Messi (46 goles) |
← 2011–12 2013–14 → |
Tras un ano sen equipos galegos na principal división do fútbol español, regresaron á categoría dourada os dous principais equipos da comunidade: o Deportivo da Coruña (tralo seu descenso a tempada 2010/11) e o Celta de Vigo (que descendeu na tempada 2006/07). A eles sumouse o Real Valladolid (descendeu na tempada 2009/10).
O FC Barcelona coroouse campión a falta de catro xornadas por terminar o campionato, o 11 de maio, conseguindo así o seu 22º título de Liga.[1] Ao termo da primeira volta, o equipo catalán sumou 55 puntos dos 57 posibles (dezaoito vitorias e un empate), establecendo un novo récord histórico na competición.[2]
Real Madrid e Atlético de Madrid xogarán xunto co campión a Liga de Campións, mentres que a Real Sociedad xogará a fase previa, dez anos despois da súa última participación. Valencia, Málaga e Betis xogarán a Europa League. Finalmente, Mallorca, Deportivo e Zaragoza descenderon na última xornada a Segunda División. Os baleares levaban 16 tempadas consecutivas na máxima categoría.