Propiocepción
From Wikipedia, the free encyclopedia
Propiocepción, do latín "proprius" ("a si mesmo") e "-ception" ("per-cepción" ou "re-cepción"), tamén chamada propiorrecepción, cinestesia[1] ou sexto sentido [2], é o sentido da posición do noso corpo e do control neuromuscular das articulacións.[3] Os receptores dos músculos, tendóns e articulacións envían información ao cerebro que indica a posición exacta de diferentes partes do corpo en cada momento.[4]
A sensación de posición pode ser estática, dando información sobre unha parte do corpo con respecto a outra, ou dinámica, dando información sobre a presenza e grao de movemento das articulacións ao cambiar de posición.
Por outra banda, o control neuromuscular fai referencia á resposta anticipada ou inmediata dos músculos arredor dunha articulación, mantendo así a súa congruencia articular.[5] É dicir, o sistema axúdanos a adaptarnos ao noso contorno, onde ante posibles caídas ou futuras lesións, o sentido propioceptivo interpreta se é necesario reaccionar e responde inmediatamente activando outros grupos musculares.[6]