Protocélula
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha protocélula ou protobionte é un conxunto autoorganizado de lípidos esférico e ordenado endoxenamente que se propuxo como un dos pasos iniciais fundamentais que conduciu á orixe da vida.[1][2] Unha cuestión central na evolución é como se orixinaron protocélulas simples e como podían diferenciarse en rendemento reprodutivo, que permitise a acumulación de novas emerxencias biolóxicas co tempo, é dicir, a evolución biolóxica. Aínda que nos laboratorios non se conseguiu aínda preparar unha protocélula funcional, o obxectivo de comprender o proceso parece factible.[3][4][5][6]