Río Yukon
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Yukon (en inglés: Yukon River) é un importante río do noroeste de América do Norte. Ten un curso de 3185 km e forma unha gran conca de 854 000 km². Discorre polos Estados Unidos e o Canadá. As súas augas desembocan no Mar de Bering, formando un delta en forma de abano case semicircular, cun brazo de maior tamaño e uns cantos moito menores. A anchura da súa canle é bastante variable, entre un quilómetro e máis de tres durante os últimos 1000 km do seu curso. Antes de abrirse para formar un delta na Baía de Norton, a súa anchura é de case dous quilómetros e medio.
Río Yukon | |
---|---|
O río Yukon ao seu paso preto de Dawson City (Yukon) | |
País | Canadá e Estados Unidos |
Nacemento | Lagos Atlin e Tagish (Columbia Británica) |
Lonxitude | 3185 km |
Conca | 854 000 km² |
Caudal medio | 2300 m³/s |
Desembocadura | Mar de Bering |
O río Yukon e a súa conca | |
A metade do curso do río transcorre en Alasca e a outra parte por Yukon, o Territorio canadense ao que lle dá nome. É o río máis longo de Alasca e Yukon, e foi un dos principais medios de transporte durante a febre do ouro de Klondike (Yukon), entre 1898 e 1899.
Yukon significa gran río en gwich'in. O río chámase Kwiguk, ou gran corrente en iupik.