RJ-45
From Wikipedia, the free encyclopedia
O RJ45 é unha interface física comunmente usada para conectar redes de cablaxe estruturada, (categorías 4, 5, 5e , 6a e 7). RJ é un acrónimo inglés de Registered Jack que á súa vez é parte do Código Federal de Regulacións dos Estados Unidos. Posúe oito 'pins' ou conexións eléctricas, que normalmente se usan coma extremos do cable de pares trenzado.
Adoita utilizarse con estándares como EIA/TIA-568A e EIA/TIA-568B, que define a disposición dos pins ou wiring pinout.
Para que todos os cables funcionen en calquera rede, séguese un estándar á hora de facer as conexións. Os dous extremos do cable levan un conector RJ45 coas cores na orde indicada na figura.